Saturday 18 de May de 2024

II Trofeo Concello de Ordes Patinaxe Artística


Nel participarán 300 patinadores e patinadores durante a fin de semana

Esta vindeira fin de semana, sábado 17 e domingo 18 de decembro, terá lugar no pavillón Castelao I o II Trofeo Concello de Ordes de patinaxe artística na modalidade de libre individual. A primeira xornada irá dende as 9.30 ás 21 horas, e nela disputaranse as probas de nivel. Xa o domingo de 9 a 14.30 horas competirán as categorías rexional e nacional, onde se buscará a mellor de cada categoría (benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluta).

Os clubs que participarán nesta ocasión serán: C.P. Anca (Lugo), C.P. Axel Arteixo, C.P. Brincadeira (A Coruña), C.P. Patiart Coristanco, C.P. Costa da Morte (Cee), C.P. Conxuro de Laracha, Escolas Lubiáns (Carballo), A.A. Dominicos (A Coruña), C.P. Fervello (Meicende), C.P. Inercia (Ferrol), A.D. Liceo (A Coruña), C.P. Omega (Ames), C.P. Oroso (Sigüeiro), C.P. Sarela (Ames), C.P. Velúa (Malpica) e C.P. Galia Ordes. En total serán preto de 300 patinadores e patinadoras chegados das provincias de Lugo e A Coruña, cuxas idades van dos 3 aos 18 anos.

Para a celebración desta competición a organización, o Club Patinaxe Galia, conta coa colaboración do Concello de Ordes e co da Xunta de Galicia, ademais dunha gran cantidade de establecementos e comercios locais de todo tipo.